CORRECT LYRICS

Lyrics : Ai! Filomena Querida

Voulles a contar un caso
Que é digno de comentar
Que pasoulle a Filomena
Un día de Navidad

De Forxán iban pró Mazo
Un domingo moi contenta
Porque levaba o novio
Acompañándose nela

No outro da Lanzadiña
Encontrouse co enemigo
I éranche os cinco mozos
Que lle iban rompe-lo virgo

Elí foi a hora triste
Onde se viu apurada
Que aqueles cinco salvajes
Todos querían montala

Unhos botábanlle a mao
Outros decían: "deitala"
I a pobre da Filomena
Gritaba desesperada
Como cinco lobos fieros
Seguían montados dela
Ela caio por baixo
I o Adán por riba dela

O Adán era homе blanco
Porque era o máis criminal
Foi quen llе rompeu as bragas
Aquel cara de animal

Os outros catro eran novos
Axudábanlle a agarrala
Como eran máis pequenos
Non puideron sujetala

Escapóuselles das maus
Non a puideron vencer
Botaron todos tras dela
Non a poideron coller

Logo agarráronlle a roupa
Que nun paquete levaba
Facendo que lla levaban
Para ver si así a pillaban

Ela iba dilixente
Podíache correr ben
Que solo levaba o viso
I un cachiño de sostén

Eu non sei que parecía
Ver aquel día na serra
A Filomena desnuda
I ós puchinos detrás delas

Vaia caso más chocante
Que é digno de comentar
Que parecían as perras
Que están sen civilizar

A,i Filomena querida
Que co susto que levou
Empezou a correr na serra
I hasta ó Mazo non parou

E cando chegou ó Mazo
Chegouche toda asustada
E todos lle preguntaban
Que fora o que lle pasara

Ela contándolle todo
Dándolle ben os detalles
E de alí a outro día
A Folgoso a dar parte
E outro día siguiente
Acompañada da tía
Fóronse a Folgoso
A dar parte enseguida

Os guardias lle preguntaron
Que fora que lle fixeran
Dixo que non o sabía
Pero algo que lle meteran

Llamáronos ó cuartel
E do cuartel a xulgado
E o que non iba chorando
Iba medio desmaiado

O comandante lles dixo:
"Este asunto hai que arreglalo
Deanlle tres mil pesetas
E asunto terminado"