CORRIGER LES PAROLES

Paroles : Memoria da Noite (Versión 2011)


Madrugada, o porto adormeceu, amor
A lúa abanea sobre as ondas
Piso espellos antes de que saia o sol
Na noite gardei a túa memoria

Perderei outra vez a vida
Cando rompa a luz nos cons
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar

Veu o loito antes de vir o rumor
Levouno a marea baixo a sombra
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
As redes baleiras, sen gaivotas

E dirán, contarán mentiras
Para ofrecerllas ao Patrón:
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar
Quererán pechar cunhas moedas, quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar